27 de abril: roteiro pola Mariña

En abril continuamos o calendario de roteiros cunha visita á comarca da Mariña o vindeiro sábado 27.  Sairemos ás 8:30 de diante da Facultade de Maxisterio, como é habitual, e repartirémonos en carros para dirixirnos ao concello do Valadouro. Visitaremos o círculo lítico do Prado das Chantas, a pedrafita e o couso das Coruxeiras, o conxunto tumular do Padorno e a fervenza de Torez; para rematar o periplo na fortaleza da Frouseira, castelo de Pedro Pardo de Cela. Cómpre levar comida para a camiñata e calzado de montaña. Podédesvos inscribir en culturadopais@gmail.com