Decembro: Natal 71 e A gran travesía de Chiruca Macallás

Neste mes de decembro en Cultura do País lembramos o disco co que a ditadura portuguesa felicitou o Nadal aos militares mobilizados para a Guerra de Ultramar, coa proxección do documentario Natal 71. Este videoforo, que terá lugar o vindeiro venres 14 de decembro ás 21:00 no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1-baixo 5), será presentado e comentado polo profesor de portugués da Escola Oficial de Idiomas Uxio Outeiro, socio da nosa Asociación.

O xoves 20 de decembro ás 20:30 no Lar medra o mar e chega a Lugo. Traeranos o arrastreiro Macallás guiado na ponte por Chiruca e a viva voz de Xurxo Souto contando a historia dunha fantástica viaxe: ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’. A presentación desta novela do mar onde as mulleres son as grandes protagonistas será unha boa oportunidade para lembrarmos e facermos soar nas nosas gorxas as cantigas das traballadoras da conserva.

Medre o Mar!