xoves 8 de novembro: Versos noctámbulos

O vindeiro xoves 8 de novembro a partir das 20:30 hs. presentaremos no Lar o último poemario de Ricardo Seixo, ‘Versos noctámbulos’. No acto participarán Adela Figueroa, coñecida poeta e activista social lucense, e o autor. Este é o segundo libro de poemas do coruñés Ricardo Seixo, despois de Ollares (2017). Adícase, ademais, á composición musical e o estudo do canciero tradicional galego e participa activamente na Asociación de Veciños da Agra do Orzán. Entende a poesía como un compromiso coa realidade social circundante e co seu país.