sábado 22 de setembro: roteiro polo Ribeiro

Alongamos o verán en Cultura do País e comezamos a tempada de roteiros cunha viaxe á comarca ourensá do Ribeiro, que terá lugar o vindeiro sábado 22 de setembro. Sairemos ás 9:30 de diante da Facultade de Formación do Profesorado, onde nos repartiremos en carros, e dirixirémonos á parroquia de Astariz (Castrelo de Miño), que será o centro dunha xornada de actividades: veremos o recentemente escavado castro de Astariz, que conserva un lagar milenario, os petróglifos de Reigoso e vestixios de minaría romana; facendo o xantar no camiño -recoméndase levar comida para o traxecto e calzado cómodo para andar-.

A xornada rematará cunha foliada en Astariz. O prezo da actividade é de 15 euros (10 euros para socios/as de Cultura do País), correspondente á cea e bebida da foliada. Podédesvos anotar en culturadopais@gmail.com até o venres 21 de setembro.