Martes 23 de xuño: Lume Novo asociativo

A treba galaica de Cultura do País, resistente ao Arde Lucus, súmase á celebración do lume novo conxuntamente con outros colectivos culturais e centros sociais da localidade. O martes 23 de xuño a partir das 20:00 hs. en Sanxillao (fronte ao Mercadona) terá lugar o Lume Novo Asociativo con comida, xogos populares, foliada e sesión DJ.

Non faltes!lume novo

Xuño: Arde Lucus e praia

10663411_10203048643976618_1327155319_oXa está de volta unha nova edición do Arde Lucus e Cultura do País prepárase de novo para organizar a resistencia do pobo galaico contra o invasor romano.

Nesta ocasión, programamos para o sábado 20 de xuño ás 19:00 hs. unha visita ao castro da Madalena (Coeses), procedendo á súa sinalización. Con esta actividade queremos denunciar o abandono do noso patrimonio por parte das administracións públicas, que non se molestan nin en dalo a coñecer para poñelo en valor, ademais de coñecer un espazo patrimonial de grande valor moi próximo a Lugo e que é practicamente descoñecido para a maioría das lucenses. O punto de quedada é o Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1-baixo 5), desde onde nos distribuiremos en vehículos para desprazarnos até o lugar indicado.

O domingo 21, a partir das 14:00 no Lar celebraremos o xantar celta, no que reporemos forzas para continuar a resistir a invasión romana. Terá un custo de 10 euros. As tribos galaicas que se queiran anotar poderano facer en culturadopais@gmail.com antes do xoves 18 de xuño. Romani ite domum!

roteiro ILHAA fin de semana do 27 e 28 de xuño pechamos a tempada de roteiros cunha visita á Illa de Arousa. Sairemos ás 8:30 de diante da Facultade de Maxisterio, onde nos distribuiremos en carros. Nesta viaxe, que ten un custo de 55 euros (50 para socios/as da Asociación), visitaremos a Adega Martín Códax (Cambados), as paraxes naturais da Illa de Arousa e coñeceremos o traballo de recuperación das embarcacións tradicionais. O domingo iremos á praia e xantaremos unha grellada de peixe e marisco da ría. O prezo do roteiro inclúe aloxamento, visita á adega e xantar do domingo. Podes anotarte en culturadopais@gmail.com antes do xoves 25 de xuño.