29 e 30 de abril: OPS! e Noite da Lusofonía

cartazlusofoniav3apaisado

Como cada ano no mes de abril, Cultura do País celebra a Noite da Lusofonía, evento que xa vai pola quinta edición. Desta volta, será o 30 de abril a partir das 23:00 hs. no Clube Clavicémbalo, e contaremos coa actuación do grupo ourensán Terra Morena, que interpretará temas do Zeca Afonso e nos lembrará a Revolução dos Cravos. A entrada será gratuíta.

Tamén quixemos complementar esta actividade coa organización no Lar da Cultura do País dun obradoiro de O Português Simples! (OPS!), impartido pola Associaçom Galega da Língua (AGAL), que terá lugar o mércores 29 de abril a partir das 20:00 hs. Este obradoiro, que ten unha duración de 100 minutos, está orientado á aprendizaxe básica de ortografía, léxico e gramática da lingua portuguesa. A inscrición, gratuíta, pódese facer en culturadopais@gmail.com 

 

Abril: literatura e lusofonía

cartazpimentel

Comezamos abril en Cultura do País coa lembranza de Luís Pimentel, escritor da nosa cidade pertencente á xeración da revista Ronsel, ao que queremos facer unha homenaxe polo 120 aniversario do seu nacemento. Para a ocasión contaremos con Claudio Rodríguez Fer, Profesor da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, quen nos introducirá nun Diálogo poético con Luís Pimentel. Este acto terá lugar o vindeiro martes 14 de abril ás 20:00 hs. no Refectorio do Museo Provincial de Lugo.

sabelalibroO 17 de abril presentaremos no Lar da Cultura do País a novela Sabela, de Rosario Regueira, publicada en Chiado Editorial. A autora, cunha longa traxectoria de activismo político e social, sendo fundadora do colectivo Mulleres Nacionalistas Galegas e militante de ERGA; narra a historia dunha saga de cinco xeracións de mulleres dunha mesma familia que transcurre ao longo dun século de vida que é tamén un século da historia deste país. Este acto, que comezará ás 20:30 hs., contará coa participación da autora, máis do escritor lucense Xosé Miranda e de Branca Rodríguez Pazos, recentemente galardoada co premio “Entre Mulleres” concedido polo Concello de Lugo polo seu compromiso social e político e o activismo a prol dos dereitos das mulleres.

Terra-MorenaO 30 de abril celebraremos a V edición da Noite da Lusofonía, evento co que desde a nosa Asociación procuramos un achegamento á comunidade lingüística lusófona e reivindicamos a dimensión internacional da nosa lingua. Desta volta contaremos co grupo ourensán Terra Morena, que interpretará temas do Zeca Afonso e nos achegará á Revolução dos Cravos. Será ás 23:00 hs. no Clube Clavicémbalo.