Nadal en Cultura do País

cartazapalpador2014

Cultura do País non para durante o Nadal. Como xa vén sendo tradicional, o Apalpador visitará o Lar da Cultura do País o vindeiro venres 26 de decembro. As actividades dirixidas a crianzas comezarán ás 17:00 hs., con obradoiros de música e contacontos, argalladas plásticas e merendola para írense preparando para a chegada do carboeiro do Courel.

GZ povo sentimentalO sábado 27 de decembro terá lugar no Lar a presentación do libro Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, editado pola Através Editora. Será a partir das 20:00 hs. e contaremos coa presenza da autora, Helena Miguélez-Carballeira, quen estará acompañada de Lorena López, doutoranda en Estudos Galegos na Universidade de Bangor e poeta.

venres 19 de decembro: Lugo de Medo

lugodemedo2014v2

Cultura do País trae unha nova edición do Lugo de Medo, xornada que se adicou á narración oral en galego arredor da temática do terror, introducindo algunha modificación con respecto a anteriores edicións. Se outros anos se optou por espectáculos de monólogos, nesta ocasión optouse por colaborar co proxecto Microefectos Dramatúrxicos, que está a ter bastante suceso nas representacións que veñen programando periodicamente e en colaboracións con varios colectivos da cidade de Lugo. Desta volta, presentarán un novo espectáculo preparado para a ocasión. Teremos a oportunidade de aprezalo o vindeiro venres 19 de decembro a partir das 22:00 hs. na Cafetaría Casablanca (Avda. da Coruña).

Ímolo pasar… de medo!