Cursos no Lar e fútebol gaélico

Cursos Lar

Co outono comezan xa os cursos no Lar da Cultura do País. Temos xa en andamento as aulas de pandeireta, pandeiro e técnica vogal impartidas por Branca Villares, que se desenvolverán todos os xoves: ás 19:00 iniciación e ás 20:00 aperfeizoamento. Ademais, este ano inclúense como novo curso as aulas de baile tradicional galego e danzas tradicionais, que impartirá Rebeca Tallón os venres ás 18:00 hs. Ambas actividades teñen un custo de 20 euros mensuais, con prezo reducido a 15 euros para socios/as de Cultura do País.

prox cursos larTamén temos en proxecto outras actividades formativas: conversa de inglés (en colaboración con Cool School), defensa persoal (profesor: Jose Manuel Nunes) e nocións básicas de ortografía portuguesa (profesor: Uxío Outeiro). Se tedes interese en anotarvos ou recibir información podedes contactar en culturadopais@gmail.com.

Torques Cascarilha

Por outra banda, a nosa equipa de fútebol gaélico, os Torques de Lugoslavia, afrontan o vindeiro domingo 2 de novembro  ás 18:00 no fortín de Nadela a segunda xornada da Liga Gallaecia, na que se enfrontan á equipa da Coruña, Cascarilha, no seu partido de debut desta tempada. A equipa torquista accedería ao liderato da Liga no caso de vencer este encontro. Animádevos a vir torcer polos Torques!

Sábado 18 de outubro: Quês e porquês do reintegracionismo

queseporques

O vindeiro sábado 18 de outubro ás 19:30 hs. presentaremos no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1-baixo 5) o libro Quês e porquês do reintegracionismo, da autoría de Valentim R. Fagim e Joseph Ghanime, editado pola Através Editora. Neste libro téntase explicar para a xente do común a opción reintegracionista pola norma internacional do noso idioma, respostando a moitas preguntas comúns ao redor disto: que países teñen como lingua oficial o portugués e como escreben, por que a xente procedente de Portugal nos fala castelán na Galiza, etc.

sábado 11 de outubro: Oktopusfest

oktopusfest2

Por segundo ano consecutivo celebramos no Lar da Cultura do País a Oktopusfest, xornada gastronómica adicada ao polbo e á cervexa, mesturando a tradición de comer o polbo nas festas patronais lucenses coa coincidencia no tempo coa oktoberfest alemá, tamén unha festa de carácter popular, na que a protagonista é a cervexa.

Consistirá nun xantar no noso local social o vindeiro sábado 11 de outubro ás 14:30. O prezo do xantar é de 10 euros e podedes inscribirvos até o venres 10 de outubro en culturadopais@gmail.com.