Venres 17 de xaneiro: presentación conxunta de libros

 

Despois da exitosa e interesante sesión do noso Clube de Leitura do pasado sábado, arredor da obra de Ánxel Fole -na que contamos coa presenza do profesor da USC Claudio Rodríguez Fer-; continúa a paixón bibliófila da nosa Asociación coa presentación conxunta de dous volumes de poesía no Lar da Cultura do País.

O acto terá lugar o vindeiro venres 17 de xaneiro ás 20:00 e consistirá no lanzamento de Outra Vida. 22 poemas, uma confissão e um esclarecimento, de Mário Herrero, editado pola Através Editora; e Lusocuria, de Verónica Martínez, editado por Figurante Edicións.

No acto contaremos coa presenza do autor e da autora de cadanseu poemario, ademais de Xemma Tedín (Através Editora) e Alberte Momán (Figurante Edicións).