sábado 2 de marzo: roteiro polo Bierzo

Quedan poucos días para anotarse no roteiro que a nosa Sección Ultreia Mocidade e Patrimonio organiza en colaboración con Fala Ceibe pola comarca do Bierzo, e o número de inscricións xa anda perto do medio cento.

Esta actividade, que terá lugar o vindeiro sábado 2 de marzo, dará comezo en Lugo ás 9:00 hs. con saída da Fonte do Rei; onde nos repartiremos en carros. Visitaremos o mosteiro de Carracedo, onde se datan as máis antigas mostras da lingua galega no Bierzo, o Parque Natural da Serra da Lastra, as Médulas e a galería de Orellán, e mailo castelo de Cornatelo; para rematar a excursión en Ponferrada. O prezo de inscrición no roteiro é de 25 euros, que se efectuará na propia xornada. Con isto cúbrense os gastos do xantar e as visitas guiadas a museos. Ainda te podes inscribir en: culturadopais@gmail.com.

Non o perdas!

vídeo promocional en youtube

nova actividade no Lar: contacontos

Os venres contarán cunha nova actividade no Lar da Cultura do País a partir do 1 de marzo. As integrantes de Anima Acción ofrecerán obradoiros de contacontos para nenos e nenas de 17:30 a 18:30, nos que se artellarán xogos, actividades e manualidades arredor de contos tradicionais galegos e outros que teñen preparados desde esta empresa de lecer e animación socio-cultural, que xa ten colaborado en varios actos coa nosa Asociación.

O prezo dos obradoiros é de 15 euros ao mes, con custo reducido para socios/as de Cultura do País de 12 euros/mes. As inscricións poódense facer en animate.desfruta@gmail.com (tlf.: 698 148970 / 982 242950). Traede as vosas crianzas!

Marzo: Xornadas de Lingua e Cultura Portuguesa

O vindeiro mes de marzo Cultura do Pais e a Liga Estudantil Galega organizamos unhas Xornadas de Lingua e Cultura Portuguesa.

Estas xornadas teñen como obxectivo crear un primeiro contacto co portugués co ánimo de darlle ferramentas ao alumnado para que continúe co estudo desta lingua cando remate o curso. Tamén trataremos de achegarnos un pouco máis a cultura e historia de Portugal.
Serán os días 6,7,14 e 15 de Marzo e está solicitado un crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC. Podes consultar aquí o programa completo.