Continuamos a actividade no verán

Cultura do País non para a súa actividade no verán. Ao longo desta semana fomos realizando traballos de acondicionamento do Lar da Cultura do País e participamos cun stand propio na feira de asociacións que organizou o Bloque Nacionalista Galego o pasado mércores 18, no marco dunha festa reivindicativa contra os recortes sociais e para celebrar de forma adiantada o Día da Patria Galega.

Continuaremos a instalar postos de material da nosa Asociación en eventos e festivais de verán, nos que ofreceremos os últimos números do Ronsel da Cultura do País e novos materiais “sorpresa” dos que agardamos que gostedes. Xa temos confirmada a presenza no festival 27373, de Begonte (21 de xullo); e máis no Festigal en Compostela (24 e 25 de xullo).