125 cabodano de Rosalía

Acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro e pola reapertura do Panteón de Galegos Ilustres.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) vai celebrar o vindeiro xoves 15 de xullo, día do 125 aniversario do falecemento de Rosalía, un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro, que tivo lugar o 25 de maio de 1891.
Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), o cortexo cívico celebrarase o vindeiro xoves 15 de xullo e conta co apoio e a colaboración de máis de 150 colectivos populares, entre os que se atopa  a Asociación Cultural Cultura do País, o programa de actividades a desenvolver (que se actualizará no web: www.aelg.org) será o seguinte:

16.45 Concentración na colexiata de Santa María de Iria, cemiterio de Adina (Padrón): Presentación da iniciativa. Lectura dun poema de Rosalía e marcha a pé até a estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, para tomar o tren deica Compostela.
17.45 Saída do tren, identificado co nome Follas Novas, cara a Santiago.
As persoas que queiran formar parte do cortexo facendo uso do tren, entre Padrón e Compostela, deberán anotarse, antes do vindeiro 8 de xullo no correo electrónico oficina@aelg.org ou no teléfono 981 133 233 (luns a xoves, de 08:00 a 14:30 e de 15:30 a 17:30; venres de 08:00 a 14:00). O prezo será de cinco euros por persoa, que se aboarán durante o traxecto. (A viaxe en tren é só de ida desde Padrón a Compostela).
18.00 Recepción do tren “Follas Novas” na estación de Santiago de Compostela onde estará agardando a comitiva restante que non acudiu ao cemiterio e que se sumará neste momento ao cortexo a pé polas rúas compostelás. Recibimento musical. Saída pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural acompañados en todo momento de música.
18.45 Praza do Toural. Lectura de 3 poemas de Cantares Gallegos. Interpretación da peza “Cantigas e Agarimos” pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
19.15 Praza da Universidade. Audición do PietatSignore, de Stradella; lectura doutros tres poemas de Cantares Gallegos.
19.30 Praza de Cervantes. Escaparates da Libraría Couceiro dedicados ás obras de Rosalía. Lectura doutros tres poemas.
19.45 San Domingos de Bonaval. Audición do Ángelus, de Massenet, lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións dos grupos musicais e artistas participantes, lectura do comunicado/manifesto sobre os 125 anos de Rosalía e a reivindicación de apertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres. Canto do Himno Galego.

Dende a Asociación Cultural Cultura do País queremos facer un chamamento a todas as persoas interesadas pola cultura e o idioma propio a participar nesta actividade.